¡Xesús, como está o patio de revolto! Talmente parece que veño de nomear ó diaño na igrexa. A ver se podo por un pouco de orde no foro:
Rui Elias Maltez escreveu:A Espanha reconhece que existe esse vazio estratégico a ocidente e que pretende uma "coordenação" na defesa, leia-se hegemonia de Espanha,
Home Rui, eu me podo facer responsable do que escribo, pero non do que outros len. Coordinación quere dicir o que estamos a facer nas manobras conxuntas, como as Ninfa05 destes días, a participación na SIAF da Infantería de Mariña portuguesa xunto coa española e a italiana e tantas outras...pero de ahí a dicir que se pretende a "hexemonía" hai un grande treito home.
Rui Elias Maltez escreveu:Reconhece explicita ou implicitamente que o espaço de Defesa de Espanha inclui o território continental português.
Pois naturalmente, e o espacio de defensa portugués inclúe España, ou acaso os misís dos F-16 ou dos F-18 estoupan cando chegan á fronteira. ¡Claro que non! O que se trata é de disparalos á vez e na mesma dirección, para non danar a ninguén, ou sexa, coordinarnos os dous países.
JLRC escreveu:Penso que o vazio deixado por Portugal pode ser aproveitado por Espanha para o ocupar e assim ter mais protagonismo no seio da OTAN e da UE.
Dubídoo. O protagonismo na OTAN dase en función da capacidade operativa dos países, e na UE, por desgracia, este protagonismo vaise desprazando cara ó leste, e si non nos unimos nas nosas comúns reivindicacións, estes países vannos quitar tódalas axudas europeas en pouco tempo...
JLRC escreveu: quando pode dominar-nos economicamente, sem qualquer tipo de risco, como já o faz actualmente.
Non confundamos. A presencia española en Portugal representa o 10-12% da economía, pero como son empresas de servicios con carteis na rúa, aparenta máis. A presencia máis grande en Portugal é a alemana e a francesa, as dúas por riba do 20% das inversións no pais. Isto referido ós apuntes xa expostos noutros fíos do foro portugués.
Rui Elias Maltez escreveu:eu nem sequer sou um patrioteiro de pacotilha, nem militante da causa de Olivença, ou de outras coisas mais ou menos folclóricas,
Xa sabemos porque o expulsaron do forumdefesa
Rui Elias Maltez escreveu:mas o que o colega Ferrol acaba de reconhecer poderia ser motivo de reflexão para muita gente.
Para nada. Eu só poño enlaces con datos e dou opinións, non podo confesar un "crime" que non cometín
Rui Elias Maltez escreveu:Acredita sinceramente e piamente que o esforço de guerra espanhol em tempo de paz se destina a escorraçar um ataque do norte de África, como eles estão sempre a propalar?
A ver si se vai pensar que imos invadir Portugal mañán ó mencer. Cómo me colla a guerra en calzóns, voulle ter que pedir explicacións Rui.
En realidade, as fragatas F-100 sustitúen ás Baleares, os Leo2E ós AMX-30 e ós M-60, e os Eurofighter ós Mirage F-1, polo que tampouco vexo eu que haxa un "esforzo de guerra", moito menos gastando menos do 1% do PIB en defensa, o que menos en Europa, se se me permite dicilo...
Rui Elias Maltez escreveu:Sobre o Papatango, não sei se pareço ele a falar, mas gostaria de conhecer a sua opinião sobre isso.
¡Vade retro, Satanás! O noso amigo o conta-contos élle moi capaz de relacionar na mesma frase, e con só tres subordinadas, ó Papa co Cid e os Tomahawk, insultarnos ós dous e da-las boas noites sen deixar caer unha pinga do café. Mire que o masoquismo se pode curar
Rui Elias Maltez escreveu:Mas se um dia se materializar o "medo" que eles dizem ter do norte de África, e se Portugal não alinhar caninamente a seu lado, mesmo que no quadro da NATO, não tenho a mínima dúvida de que o território português será devassado sem que se preocupem sequer em nos pedir licença para passar.
Pois xa se veu no caso do illote da ensalada, en que Portugal tivo moi boas palabras para conosco, pero non puxo nin un gran (ou unha VdG) de axuda. E mentras nós tivemos ás FAs 15 días en alerta de guerra, e aquí no Ferrol non quedou nada máis grande dun remolcador, os veciños franceses apoiando ós marroquinos e os portugueses quedaban acubillados na OTAN e a UE dándonos a súa solidaridade.
Que non me queixo, que cada un fai o que mellor cre que le beneficia, pero é que despois de todo iso que me digan que hai que aliñarse cos españois "caninamente", en fin, que parece de broma.. porque é broma ¿non? Porque si nin para desaloxar un illote que está na súa porta se prestan os portugueses a colaborar cos españois, moito menos o van facer se se materializa "o medo" como di vostede, e invaden Ceuta e/ou Melilla, polo que a idea xeral é de que España está soa a defende-los seu territorio no norte de África, e que canto máis lle podamos opoñer ó mouro (a calquer mouro) máis terá o mouro que pensa-los seus movementos.
Rui Elias Maltez escreveu: se houvesse uma aliança (não é sempre o medo dos mouros que eles dizem ter?), o comando seria conjunto, com chefia espanhola, e nós ficávamos a ver os navios espanhois a passar, conjuntamente com os nossos poucos navios, comandados por um castelhano qualquer, e com aos nossos oficiais remetidos para as casernas do Alfeite.
Pero imos ver. Poñámonos no caso de que hai que recupera-lo norte de África dos "mouros" facendo un desembarco en Alhucemas ou en Villa Cisneros, por exemplo. ¿Vaino facer un comodoro portugués, que a última vez que desembarcou foi en Cascais para ir ve-la familia, ou o fará un español con LPD´s españois, oficiais e tropa española, escolta aérea española e capacidade de ataque naval a terra española e con 4 desembarcos anuais en manobras coa Navy, a Marina Militare e a Marine Nationale?
O que terían que facer os portugueses sería colaborar na escolta naval coas VdG, na submarina cos U-209P e na escolta aérea mentres a forza atravesan as augas portuguesas. Proporcionar forzas especiais para accións concretas, como os coñecidos fuzos e soporte material loxístico e facilidades de paso... que é ó fin e ó cabo o que están a facer os países aliados en Irak ou Afganistán, dar soporte e axuda ós ianquis, que son os que levan o peso do combate e os que poñen diñeiro e mortos.
Pero claro, como son ianquis e o levan facendo 50 anos, pois está ben, cando o fagan os españois para se defender, será "unha perspectiva pouco agradable"
Rui Elias Maltez escreveu: mas querem simplesmente ser uma potência regional,
Pero home, ¿Como imos ser unha potencia rexional se os veciños franceses gastan 20 veces máis en defensa, Italia 4 veces máis e hasta Grecia gasta máis ca nós?
Rui Elias Maltez escreveu: mas em Portugal há muitos "Miguéis de Vasconcelos" prontos a receberem a bandeira espanhola no Castelo de S. Jorge.
Agora sí que fala coma o conta-contos...O señor Álvaro de Vasconcelos foi un dos que levaron a Portugal a Europa, un home que creu na Unión Europea como medio de sacar a Portugal dos últimos postos de Europa, e ó que lle hai que agradecer moito en Portugal.
En fin, saúdos do venres. Ánimo Rui, confianza e coordenación.