Así estamos todos, creo. A pesares de que EEUU leva anos pedindo a Europa que incremente o gasto militar da OTAN deica o 2% do PIB europeo, só uns poucos países, Grecia, UK, ...o conseguiron. Debemos agora, despois de gañar ó Estado Islámico, volver a prepararnos a loitar cos rusos. Outra vez mortos, outra vez desplazados, viuvas, orfos, crise económica mundial...en fin, outra vez o nacionalismo imperialista expansionista, onte Hitler, hoxe Putin...P44 escreveu: Qui Fev 24, 2022 6:13 am Lt. Gen. Alfons Mais, Inspector-General of the German Army on Linkedin:
"Imagine you wake up and war has returned to Europe. To think that in my 41st year of peaceful service I would see a war on our doorstep! And the Army which I'm privileged to lead is more or less caught with its pants down. We're limited in what we can offer in support of the alliance. We've all seen it coming and our arguments as to what the annexation of Crimea truly meant wholly fell on deaf ears. This is a terrible feeling. I'm pissed off!"
Pensamentos:
1.- A OTAN volve a ser útil. Despois de tantos anos pensando que o seu tempo estaba pasado, volvemos a vela útil. E reforzada. Mañán Finlandia ou Suecia pedirán a entrada por medo a Rusia i Europa verá medrar nos próximos anos os seus presupostos militares. Porque está claro que o seguinte paso de Putin serán os países bálticos, pero ahí si que a OTAN terá moito que dicir, porque son membros da Alianza. Pero penso que todos somos conscientes que os dictadores van de victoria en victoria deica a derrota final.
2.- Pobre Ucrania. Polos mortos dunha guerra que lles ven imposta. Agardo que loiten pola súa liberdade todo o que poidan, e que Europa a poida axudar en todo o que esté da súa man. E que poidan recupera-la sua independencia e liberdade canto antes.
3.- Pobre Rusia. Polos mortos que volvan da guerra e que non aparecerán en RT ou Sputnik. Fillos e irmáns víctimas dunha guerra que non importa máis que ó ego do autócrata. As sancións económicas que lles impoñan non afectarán a Putin ou os séus millonarios máis cercanos. Pero sí ós centos de millóns de rusos que non poderán adquirir alimentos de fora, ou convertir moeda, ou...veremos a qué máis chega a presión internacional. Están acostumados a vivir oprimidos e pobres polos seus eternos governos dictatoriais. Sintoo por eles.
4.- Se acelerará a independencia enerxética de Europa. Cando Alemaña renunciou á enerxía nuclear e se botou nas mans do gas ruso, cometeu un erro que agora van solucionar non autorizando o Nord Stream 2 e en canto poidan pechando tamén o resto de gasoductos con Rusia. A idea de que o gas entre por España e que a nosa independencia gasística de Rusia chegue ó centro de Europa pode ser parte da solución. Ou volver á enerxía nuclear, ou investir máis en enerxías limpas, como saben en Brasil, onde xa hai parques eólicos instalados por empresas europeas, tamén españolas. Levará tempo, claro.
En fin, chega un novo tempo para Europa. A onda do terremoto chegará a todo o planeta.