Un saúdo para tod@s:
quixera facer un par de comentarios ás "acusacións"
![Surprised :o](./images/smilies/icon_surprised.gif)
que o Rui fai:
Rui Elias Maltez escreveu:As F-100 espanholas e as "primas" LCF podem ser consideradas umas fragatas, embora "avantajadas" ou já poderiam ser consideradas "destroires/contra-torpedeiros"?
Primeiro, que as LCF non son curmáns das F-100, en tanto a súa nai a NFR non chegou a nacer, logo como moito son orfas de nai...
E segundo, que o que na Armada se entende por "destructor" é a definición dun buque de guerra capaz de supervivencia individual nun entorno de guerra, é dicir, capaz de autodefensa AAW,ASW e ASuW, cousa que os Ticos teñen pero que as F-100 non, ó só ter sonar de casco e non remolcado, o que as convirten (ás F-100) en escoltas oceánicos ou fragatas que deben agruparse no que se chama un grupo de batalla xunto con barcos que posúan capacidade ASW, neste caso as OHP.
Así, nun grupo típico español, estaría unha F-100 como protección AAW do Príncipe de Asturias ou dun LPD, e unha OHP como protección ASW, polo que ámbalas dúas ó seren necesarias para a protección dun comboi, serían escoltas, é dicir fragatas.
No caso norteamericano, un só Tico ou Burke é capaz de asumir todas esas tarefas, ó ter capacidade tanto AAW como ASW ou ASuW. Sen embargo estamos acostumados a que nas "Task Force" ianquis, haxa varios buques deste tipo, xa que o habitual non é só a escolta dun CVN, senón tamén de LHD´s dos Marines e buques loxísticos e de control de varios tipos.
En resumo, un "destructor" ten capacidade de supervivencia propia en batalla, unha fragata é especialista nunha soa tarefa, debendo apoiarse noutras unidades para a defensa completa do grupo de combate.
Saúdos a todos.