A verdade é que un nunca debe perder a capacidade de asombro cando le según que cousas...Vinícius Almeida escreveu: Sex Mar 18, 2022 1:37 am A Moldávia deveria conceder de vez a independência para Transnístria antes que seja engolida pela Rússia. Não vale a pena manter mais uma questão não resolvida no continente.
Así, se por casualidade, Modavia concede a independencia a Transnistria, esto sería unha cuestión resolta para Rusia e pasaría a ser unha cuestión pendente para Modavia, que, cando dentro de X anos o señor Putin e/ou derivados deixen de gobernar en Rusia será un territorio reclamado de novo por Moldova, e volverá a ser unha cuestión NON resolta.
E así indefinidamente, como Ucrania, como os territorios bálticos de Rusia reclamados por Alemania, como as Illas do canal disputadas entre Francia e UK, como Escocia, como...
Existen centos de territorios en todo o mundo suxeitos a disputas entre gobernos desde hai centos de anos e ainda hai que ler cousas como "que se lle dea a independencia para deixar de ser unha cuestión pendente"...
Ás veces penso que para escribir en según qué sitios haberia que pedir un examen de historia, nada serio, de escola infantil apenas.