Luís Henrique escreveu:Tanto o antigo CSS-4 como o novo CSS-9 são baseados em silos E TAMBÉM EM LANÇADORES MÓVEIS. Então não é tão simples destrui-los ou localiza-los.
Sí ou non...todos estes artefactos teñen bases onde os arranxan, onde os manteñen, todos saen desde ahí. Nunha situación complicada, os satélites da outra parte fixarían as súas pescudas precisamente nesas áreas, desde onde saen os misís en tren ou en camións para seren desplegados.
Lóxicamente, tampouco se poden controlar todos os misís, pero insisto en que o tempo de voo desde a China continental deica os EE.UU (ou viceversa) e o perfil de voo deste tipo de armas fainos fácilmente detectables desde lonxe, tanto na Europa como na China.
Luís Henrique escreveu:O JL-2 pode estar em desenvolvimento OU NÃO. Esta arma é muito secreta e é difícil saber ao certo.[...]Além disso a China possui o JL-1 com 2.500 km de alcance.
Perfectamente. Logo podemos sacalo da ecuación, se quere. Non existe o JL-2 na nosa conversa.
O JL-1...un pouco de historia. A idea soviética sobre os misís de lanzamento submarino (sobre o que se basea o JL-1) era ter tal cantidade deles que fose imposible destruilos todos antes de que algún acadase o obxectivo...esa é a mesma idea que anima ó JL-1 embarcado nos submarinos "Xia", coa pequena diferencia de que hai só ¡2! destes submarinos...que poden ser fácilmente seguidos desde a súa base de Qingdao. É o mesmo caso dos destructores, dos avións...pouca cantidade, experimentando evolucións contínuas en series curtas, cada vez con máis material indíxena, pero o que non se fixo en 50 anos, non se fai en 10...
Luís Henrique escreveu:Algumas dezenas de nukes em um território pequeno significam o FIM, em um território muito grande seriam necessários CENTENAS...
¿Algunhas decenas?2 bombas sobre Hiroshima e Nagasaki remataron un país de 100 millóns de habitantes.¿Cantas farían falla para que Brasil pedirá unha rendición?¿Ou México, ou os EE.UU, ou calquera país?
Este tipo de armas son estratéxicas, pero non se usan. Co sinxelo que sería para o Reino Unido lanzar 2 sobre Buenos Aires no 82, e decidíu toma-las Malvinas ó asalto, a risco de perder homes e equipo...só funcionan con quen as ten, pero para os que non as temos, non funcionan, posto que sabemos que ningún dos países civilizados que as posúen (Europa e os EE.UU) as van usar xamáis sobre quen non as ten, debido ó criterio de proporcionalidade de resposta, habitual nos países civilizados...cousa que non se pode garantir no caso de China ou Irán, por exemplo, países cos que só funciona a ameaza e o medo dadas pola ameaza nuclear.
Un saúdo.