Pensemos no noso automóbil. Canto mais cargado vai, máis espacio necesita para chegar á máxima velocidade permitida. Normal.
Asemade un avion tamén necesita unha velocidade mínima de sustentación para poder voar. Pois ben, a rampa inclinada fai que esa velocidade de sustentación sexa menor, xa que o avion no cabo da rampa xa ten un ángulo de inclinación suficiente para sustentarse por sí so sen ter que chegar á velocidade crítica de despegue necesaria se estivese horizontal.
¿Que gañamos con esa rampa?Pois que o barco pode ser mais pequeno, ó non necesitar tanat pista de despegue os avions, e que pode cargar máis armas, ó se-la sustentación suficiente para o peso e a velocidade ó final da rampa.
Así, os Harrier xa poden despegar co Taurus para bombardear Portugal (pequena homenaxe ó meu bo amigo Rui
)