Rui Elias Maltez escreveu:Quanto à avaria no AEGIS da sua plataforma, nunca me chegou a referir, penso eu, os estaleiros em que tinah sido construída.
Un detalle sobre os VLS: A única avantaxe que teñen os VLS cos lanzadores habituais é que no tempo en que os lanzadores de cuberta apuntan o obxectivo e lanzan o misil, o VLS lanza primeiro o misil e logo é dirixido cara ó obxectivo unha vez no aire. Esto representa un aforro de, segundo teño entendido, deica 2 segundos por lanzamento.
Logo por cada lanzamento se aforran 2 segundos, polo 64 pozos dos Tico, por exemplo, se aforran 128 segundos... 2 minutos, que se o ataque provén das hordas rusas de Migs, veñen moi ben, pero que dado a actual situación do mundo, non representan moita avantaxe que digamos... sen embargo todos falamos marabillas deles, cando en realidade, só consumen grande cantidade de espacio no barco, son extremadamente caros xa que van asociados a radares directores de tiro e seguimento moi modernos e teñen unha utilidade real quizáis discutible...
Rui Elias Maltez escreveu:Soube há pouco que um colega espanhol num cohecido forum
, a propósito de uma união militar entre os dois países disse, entre outras coisas, que Portugal tiraria vantagens disso, já que uma das baterias
Patriot que a Espanha está para comprar, poderia ser instalada na costa algarvia, para se defender dos ICBM do Senegal, ou de outra perigosa potencia militar africana qualquer
Atópome sorprendido, Rui. Por un lado pide vostede máis subs, máis NPO´s e máis F-16 modernizados, por outro rise das ameazas que ten España, casualmente maiores que as de Portugal. ¿En qué quedamos?¿O que vale para Portugal non vale para España?¿Porqué se Portugal compra 200 Pandur está mellorando a súa defensa (¿de quen?dirían algúns, se non os pode sacar do país en misións internacionais) e si España constrúe 300 Pizarros está ameazando Portugal?
¿Quizais un dobre raseiro?
Os patriot, afirmo, protexen tanto a España como a Portugal, igual que os Eurofighter de Morón ou as F-100 de Rota, no estreito de Xibraltar. As VdG tamén protexen o Atlántico, igual que os Ametiste franceses ou as Type-45 inglesas (se algún día as vemos rematadas, claro).
Intente pensar como membro dun cdonxunto máis grande, non coma un condenado a morte no paredón diante do pelotón de fusilamento. Nin está Portugal só no mundo. Como ben di o seu primiro ministro, as 3 prioridades de Portugal son 1º.-España, 2º.-España e 3º.-España, logo convenlle a Portugal levarse ben con España (e viceversa), por tantos motivos que se me queda curto o foro para explicalos.
Saúdos e menos desconfianza, home.