PRick escreveu:Quando se usa uma escolta como Piquet de radar, fica evidente que a esquadra não possui aeronaves AEW. E não adianta ter somente as aeronaves AEW, mas aviões capazes de destruir os atacantes, ou seja, NAE´s.
A ver se me explico cun exemplo:
- Se vostede ten un pequeno porta/LHD tipo os ingleses, italianos ou os españois, escoltado por 2 fragatas ASW e 2 AAW. Os portas/LHD´s non teñen en dotación o famoso HawkEye, pero sí varios SH-3 AEW e aviación STOVL...
- Se vostede coloca unha fragata AAW ó frente da formación, a unhas millas por diante do grupo, entón ó Horizonte Radar (HR) da formación alónxase tanto como a separación da escolta AAW da formación.
- Se esa escolta leva, asímesmo, un dos Sea King AEW voando por diante dela, o HR da fragata, logo da formación, alónxase tanto como a distancia que separe ó Sea King da fragata.
Con todo esto, se coñece que nas manobras OTAN, a distancia habitual á que as formacións OTAN teñen o séu HR é, segundo o tempo predominante, sobre as 100 millas naúticas, gracias ás comunicacións dos Link-11 e 16 estándar OTAN.
É dicir, que o comandante do HMS Illustriuos, no centro dunha formación OTAN sabe o que pasa a 100 millas do séu porta, aínda que o séu propio radar teña o HR a aproximadamente 20-25 millas. O mellor de todo é que
todos os barcos da formación saben o que pasa a 100 millas, porque todos reciben a mesma información dos demáis...
Ademáis, como habitualmente e como procedemento estándar en zona de conflicto, voan en CAP polo menos unha parella de Harrier armados Aire/Aire, podemos estar máis ou menos seguros de que no 90% das ocasións unha ameaza sobre a formación pode ser detectada e neutralizada antes de que poida afectár á formación, porque ¿Cantos misiles Aire/Superficie hai que teñan un rango maior desas 100 millas naúticas de protección aérea?¿Cantos países os teñen?
¿Que gañamos co Hawkeye?Co HawkEye, ou similares, gañamos espacio de aviso, posto que ten un radio de acción maior que un helo, e persistencia no aire, posto que a súa autonomía é tamén maior ca dun helo...Pero insisto, ¿Quén ten misís aéreos antibuque capaces de seren disparados a máis de 100 millas de distancia e qué probabilidades hai de que entren en conflicto coa OTAN?
PRick escreveu:Se informe melhor, existem verdadeiras coleções de fotografias tiradas de periscópios de sub, no Exercício conhecido como UNITAS, recentemente, um Classe Tupi da MB, conseguiu destruir mais de 10 escoltas ASW sem sequer ser detectado.
¿E vostede pode asegurarme que o Tupí non sabía onde estaba a formación atacada, que ésta tiña sembrado de sonoboias o camiño por onde ía pasar, que había escoltas ASW na zona que non detectaron ó Tupí, que había varios subs de escolta na zona ós que evitou ó Tupí...?
Porque eso é o que pasa na realidade. Na realidade, o Tupí non sabería onde estaría a frota, tería que buscala, logo de atopala tería que escapar de sonoboias, subs de escolta e sonares das escoltas, e despois de ser descuberto tralo primeiro lanzamento e con toda a frota de ¡10! escoltas ASW buscándoo, ¿lograría afundi-los outros 9?
¿Pode vostede confirmar todo eso? E se o pode facer, pídolle "fuentes", se non lle molesta...
PRick escreveu:Como falei, você terá que ter um navio capaz de operar aeronaves AEW, e caças capazes de destruir os atacantes. Isto implica na presença de um NAe, quando uma escolta faz Piquet de Radar, não existe esta opção, espero ter sido bem claro.
Non sei porqué. Se teño un LHD con Ka-31 e Harrier podo afrontar en condicións normais un 90% das situacións ás que se pode expor un Charles de Gaulle con E2C.
PRick escreveu:Isto é em teoria, na prática, a esmagadora maioria das escoltas não vai saber que está sendo atacada, até o lançamento dos mísseis, porque os aviões estãos se tornando furtivos, ou seja, seu RCS está caindo de tal forma que o alcance de detecção do radar vem diminuindo.
Pois vaia coa "práctica". Na práctica ningún avión furtivo se enfrentou a un sistema de arrays...na práctica, ningún avión furtivo se enfrontará en décadas a un radar deste tipo, posto que os operamos os mesmos países...na práctica, contra unha nova ameaza, chámese lanza, chámese ballesta, chámese RCS reducido, sempre houbo unha resposta cedo ou tarde...
Logo, estimado Prick, a práctica que vostede asume non se veu nunca por ningún lado...
PRick escreveu:O navio em questão terá não mais de 25 segundos para abater cada um dos 04 mísseis, quero ver isto na prática, não em teoria.
A práctica da US Navy indica que un VLS lanza os misís
antes de apuntalos ó obxectivo, ós que é guiado polo radar do buque deica unha distancia de, no caso do SM-2 ER, o habitual na Navy e Armadas aliadas, case 180 kms a Mach 3,5 de velocidade máxima...
O curioso dos VLS é que poden ser disparados das súas canastas case independentemente do tempo en que foron disparados os demáis, polo que se considera razoable un tempo de reacción entre a detección, a clasificación como enimigo e o disparo do primeiro misil de 2,5 segundos en modo totalmente automático e de 1 a 2 segundos entre lanzamento e lanzamento dos hasta 96 misís que dispón as celdas dun Burke, poño por caso...
E isto non é teoría, é a práctica diaria da US Navy, das Forzas de Autodefensa do Xapón e da Armada Española, que temos/teremos este tipo de material...
E agora pense en quen ten o material aéreo para enfrontar con éxito a buques deste tipo, que foron pensados para protexer convois no Atlántico do ataque de ducias de Migs rusos...
Un saúdo...