alfsapt escreveu:Não seria viável começar a projectar uma fragata multifunções fazendo coincidir o final de construção com o fim de vida útil quer das Vdg quer das OHP? Ainda há tempo para isso não há?
Pois por poder claro que se pode, pero hai que ter en conta certos detalles. Cando varios países europeos nos xuntamos para facer a NFR-90 a principios da década, foi para aforrar custos nas series longas e nas armas europeas que todos iamos montar.
Pero a cousa saíu rá polos distintos requisitos de cada Armada e acabamos cada un facendo as súas (as F-100, as Sachsen, as Type-45, o proxecto común franco-italiano, as holandesas...). O caso é que cada buque destes, ó faceren pequenas series de 4 ou 6, pois sae en moitos centos de millóns de euros. Se Portugal quere deseñar unha fragata moderna, debe posuir a tecnoloxía do "Phased Array" ou ben estático (Spy-AEGIS) ou ben móbil (APAR-SMART) polo que a factura subirá sempre por riba dos 300 millóns. Se ademais ben nunha serie curta, de 3-4 unidades, os custos volven subir, claro.
Tamén sae a dúbida de se hai asteleiros militares portugueses capaces de asumi-lo reto deses deseños e construccións, cousa que non sei. ¿Cal é o barco militar de combate máis grande que fixo Portugal nos derradeiros 10 anos? Porque se foi de menos das 4000-5000 toneladas que pesan as novas fragatas, pois tal vez o salto será moi importante.
O NavPol neste caso non conta, ó ser básicamente un cargueiro no que se meten lanchas de desembarco, persoas e carga.
Saúdos.