cabeça de martelo escreveu:Não compreendo a não inclusão da Espanha nessa lista, já que têm uma industria de armamento que bate a de muitos paises, têm uma capacidade de projecção muito grande e neste momento estão muito calejados com as missões internacionais.
A non inclusión de España ou de Australia, ou quizáis de Italia provén da idea da cantidade=calidade. É dicir, todos sabemos que a India, por exemplo, ten unha armada maior que calquera das anteriores, ou un exército máis grande, logo é lóxico hasta certo punto pensar que son mellores...
Son os pequenos detalles os que non se teñen en conta. A aviación india, por exemplo, é un pesadelo loxístico, con moitos modelos distintos.
Non sabemos cal é a porcentaxe de actividade de case nengún país fóra da OTAN, que sabemos que debe ser sempre do 80% do material disposto en todo momento para actuar, e que de feito actúa en misións e/ou manobras contínuas.
Polo demáis facer unha lista de países, penso que é como de facelo de mulleres: unhas son máis altas, outras máis simpáticas...
Coas forzas armadas pasa igual. A Royal Navy é máis grande que a Nationale, pero ésta ten un porta máis grande. O exército chino é moitísimo máis grande que case calquera, pero ten unha armada comparativamente pequena...
En resumo, sabemos que os EE.UU, que gastan a metade dos presupostos de armas do planeta, teñen as mellores forzas armadas de lonxe, e a partir de ahí, todo é discutible. E incluso eso é discutible. Si eu afirmo que España ten unha forza submarina diésel mellor que a americana ninguén mo pode discutir...