tgcastilho escreveu: ↑Qui Fev 14, 2019 7:47 amP44, penso que o resultado será inversamente proporcional ao que se passar na Catalunha, quanto mais independentismo houver, mais VOX também haverá. Mas nada disto é surpreendente, Espanha sempre teve muita direita e com força, julgo apenas que o elevado crescimento económico dos ultimos 40 anos anestesiou a direita mais "falangista", mas como podemos ver ela aparece e em força se for preciso.
Realmente creo que non será así. A orixe de VOX, un grupo de cargos intermedios do PP descontentos coa política antiterrorista do governo de Rajoy, non é, de ningun xeito "falangista".
Tampouco é "falanxista" o séu ideario, baseado na defensa da Constitución e as leis nacionais. Tampouco son "falanxistas" os séus membros máis destacados, algúns incluso provintes de opinións de centro ou membros da xudicatura. Desde logo, tasmpouco son falanxistas os séus votantes, que nas últimas eleccións andaluzas proviñeron en parte de lugares habituais de voto da esquerda, sendo Andalucía governada pola esquerda desde hai 4 décadas.
Polo tanto, indicar que VOX é un partido "falanxista" indica claramente un escaso coñecemento da política española, o cal é entendible por ser un forista estranxeiro, ou indica unha escoita acrítica dos medios de sectores españois de pensamento contrario á ideoloxía de VOX é ó cal pretenden desacreditar facéndoo pasar por "falanxista".
Existen en España varios partidos que se din públicamente herdeiros da tradición falanxista. Ningún deles ten unha representación apreciable nas institucións.
Por certo, que non acabo de entende-la relación entre uns veciños despedindo á súa policía que sae un mes para Cataluña e VOX.
Sau2.