A Operación Dulcinea
Os sete actores que se colocán sobre o escenario-camarote traen, como ben di Guede, á escena un episodio singular da nosa historia.
Dous portugueses -o xeneral sen medo Humberto Delgado e o capitán Galvão- e dous galegos -Xosé Velo e José Fernández Vázquez, máis coñecido como Comandante J. Soutomaior- foron os protagonistas principais daqueles feitos.
Soutomaior escribiu dez anos despois o apaixonante relato daquela xesta, convertida xa nun episodio mítico da loita contra a tiranía en España e Portugal.
Segundo pon Soutomaior no seu libro ("Eu roubei o Santa María", Editorial Galaxia. 1999 ) "O 22 de xaneiro de 1961 un comando armado do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) composto por 24 homes, doce portugueses e doce españois (maioritariamente galegos), desencadea á unha da madrugada a denominada "Operación Dulcinea".
O obxectivo inmediato era a captura dun trasatlántico portugués de 180 metros de eslora e 20.000 toneladas de desprazamento, a bordo do que viaxaban 650 pasaxeiros e 350 tripulantes, que logo de sair do porto da Guaira, fixera escala en Curaçao camiño de Miami.
O secuestro era o primeiro acto político deste tipo no mar e buscaba un efecto propagandístico que alertase ó mundo sobre as dictaduras de Salazar en Portugal e de Franco en España."
Aquel episodio que convertíu o Santa María no Santa Liberdade por uns días é analizado nunha parte do texto orixinal "Mar Revolto" de Roberto Vidal Bolaño, por boca dun dos personaxes coa seguinte afirmación.
"É absurdo pretender muda-lo mundo así: todo á vez, como se unha partida de cartas se gañase ou se perdese nunha soa xogada. Cada un de nós o máis que pode é mudar cousas pequenas.
Nunca todo en conxunto. ¿Ademais, para que? nunca saberemos de certo o que viría despois se as cousas mudasen tanto como algúns quixeran".
Foto do Santa Maria, transatlântico português, enquanto navegava no Atlântico, sequestrado, a ser sobrevoado por um avião militar americano: