Rui Elias Maltez escreveu:Quanto ao que diz respeito à Marinha, como eu disse atrás, acho que num programa a 25 anos, não seria de todo irrealista ter uma boa força de fragatas muti-usos modernas (eu sugeri as FREMM), e mais 4 ou 5 AAW, e acelerando o programa da Barroso para 4 ou 5 unidades, para conclusão em 2014/2015.
2 LPD's e um bom LHD, baseado porventura no BPE espanhol (e respectivas forças aéreas embarcadas modernas).
E que prescindisse do PA convencional.
Pero, Rui, un plan a 25 anos implica que cando se remate o primeiro xa hai que buscar outro para sustituir ós buques do primeiro. Non é lóxico. O lóxico é, creo, pensa-las cousas a prazos máis curtos, por exemplo 10 anos, xa que os cambios non poden ser tan fortes como en 25. Hai 10 anos, no 96, xa estabamos na OTAN pensando en AAW, hai 25 anos, estabamos todos tremendo cos submarinos rusos e sacando fragatas ASW en todo occidente.
E creo ademáis que Brasil non necesita nin LPD´s, nin LHD´s, posto que non ten política de intervención no estranxeiro. Os mesmos foristas brasileiros piden ducias de subs para protexe-la ZEE, co cal amosamos que prefiren defende-lo que teñen, cousa lóxica, por outra banda.
Visto o visto, creo que con que puidesen estar de patrulla simultánea 3 ou 4 fragatas en toda a ZEE acompañadas por corbetas suficientes como para fiscaliza-los recursos e rutas marítimas do país e ter 2 ou 3 subs operativos, vistos os rivais posibles, estaría cuberta a expectativa da MB.
Tamén é certo que prescindir do A-12 significaría unha revolución na MB, posto que casi toda ela se conforma para protexelo, acompañalo ou interaccionar con él ou o séu grupo embarcado. Pero non é menos certo que como Brasil non ten unha teoría de intervención no estranxeiro, o A-12, como elemento de ataque que é, paréceme claramente prescindible para Brasil. Desa mesma ausencia de teoría interventiva, pódese deduci-la inutilidade de LPD´s ou LHD´s para Brasil.
Centuriao escreveu:Só quero dizer que toda projeção das capacidades das FAs feitas por especialistas levam em consideração o potencial de um país.
Non está demostrada unha relación directa entre o potencial de ningún país e as capacidades das súas FAs. Hai países con FAs moi fortes e economía feble e viceversa. O feito de que Brasil poida facer cousas, non que dicir que necesariamente as teña que facer.
Saúdos.