Rui Elias Maltez escreveu:E se não podem ter novo, compram usado, como o Chile.
Disinto amigablemente, compañeiro Rui. A situación dos dous países é moi distinta...
Cando Chile merca todo o que está a mercar agora de segunda man, e debido a unha mistura de razóns:
- Porque no mercado hai boas oportunidades.
- Porque agora teñen diñeiro para pagar e antes non.
- Porque non fían na industria local.
- Porque as sustitucións de buques son a moi longo prazo.
Pero Portugal é Europa, logo OTAN, logo a perspectiva debe ser diferente.
- Non se ten a urxencia da obsolescencia en bloque, posto que a defensa europea permite ir pensando as cousas con calma e toma-las mellores decisións, coa seguridade de que imos seguir protexidos, aínda que momentáneamente non esteamos á altura en tal ou cual aspecto. Pasa en Portugal cos LPD´s, pasa en España cos submarinos, pasa en Italia cos avións, pasa en Alemania co transporte táctico,...
- Portugal sí ten asteleiros capaces de aborda-la construcción de buques grandes, logo debe facerse así, aínda que sexa baixo licencia.
- As sustitucións son a prazos máis curtos que os chilenos, logo as decisións de merca deben facerse a un prazo de futuro máis cercano. Se esixen materiais modernos que en Chile non son estrictamente necesarios, dada a situación militar do continente.
Exemplo: Non é lóxico para a MP mercar un LPD de 2ª man ou un LST americano (xa que estamos co exemplo do español) se dentro de 5-6 anos imos ter un LPD propio.
Pero para Chile sí sería máis lóxico outro LST de 2ª man, posto que nin vai mercar un LPD novo, nin pode fabricalo en casa. Neste caso, a necesidade da proxección da OTAN implica a Portugal a través do LPD. Esta necesidade non existe en Chile, logo poden permitirse non ter LPD.
En resumo, nego a comparación entre as FAs Portugal e Chile, como nego o parecido entre un leon e un gato, sendo os dous mamíferos.
Por certo, como fai tempo que non cambiamos ideas, un saúdo da miña parte, Rui.